viernes, 24 de junio de 2011

O PINDO MARIÑO

VI Xornadas de Pesca

Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.

xan ramon , ensinando os pequenos, a facer nudos
os mais pequenos , ilusionados con ir de pesca

e como non , facer cestos para a pesca


Esta mesma tarde de venres 24 de xuño dá comezo o groso das VI Xornadas de Pesca Pindo Mariño, que este ano chegan co fermoso lema “Amar o mar”. Unhas xornadas de dignificación e de achegamento á vida mariñeira, que xa son unha referencia en toda a bisbarra.
De feito, as xornadas xa comezaron esta semana con actividades diarias para os máis pequenos. De feito, a vila xa conta con canteira preparada para tomar o timón, logo de ter aprendido a facer nós, cestos e logo da sesión de cine mariñeiro de onte, coa pelicula ” Apequena Serea” de X.H. Rivadulla e gravada en Quilmas.


E esta tarde, a partir das 17:30h comezan as actividades, precisamente coa entrega de premios para os pequenos grumetes. A partir das 17:45h ábrese o telón das conferencias, da man de Mercedes Díaz Mayán, secretaria da Confraría de Pescadores do Pindo, que presentará o programa para as xornads.
Serán 3 días nos que coñeceremos as experiencias das propias mariscadores e mariñeiros, falarase de pesca sostible, actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas



informacion recabada de quepasanacosta.com

No hay comentarios: