martes, 22 de febrero de 2011

Programa do Entroido de Carnota 2011

Festa de comparsas do Pindo da A.R.C.D. Pedramar,
que se celebrará o sábado 5 de marzo
SÁBADO 5:saída da comparsa adicada este ano a Exipto ás 6 da tarde baixo a praza da Solaina e posterior recorrido polo Pindo.Ao remate degustación de orellas.
DOMINGO 6:concurso de disfraces,antes da realización do mesmo haberá q inscribirse no local da asociación,posteriormente terá lugar a ""INTERVENCIÓN DO CONCELLO DE CARNOTA"",instalado provisionalmente na Prza da Solaina.Ao remate,daremos lugar ao popular enterro da sardiña
Informacion facilitada por Paula Ayala

Programa do Entroido de Carnota 2011
Venres 25 de febreiro, 18:00 h, na Biblioteca: Obradoiro de máscaras tradicionais (Venres lúdico) dedicado aos nenos.
Xoves 3 de marzo, 11:00 h, na Biblioteca: Charla – obradoiro cos usuarios do centro de día. “A forma de vivir o entroido en Galicia” adicado á 3ª idade.
Venres 4 de marzo, 18:00 h, na Biblioteca: Obradoiro de disfraces para a festa (Venres lúdicos).
Sábado 5 de marzo, 17:00 h, na praza do Pindo: Festa e comparsas de disfraces no Pindo. (A.R.C.D. Pedramar) para todas as idades.
Luns 7 de marzo, 11:00h, Biblioteca: Contacontos e Obradoiro didáctico da man da empresa “Entretempos” sobre o Entroido para 3ª idade e nenos.
Martes 8 de marzo, no Pavillón de Lamas de Castelo, de 17:00 h a 20:00 h: Festa infantil e concurso de filloas. Degustación de orellas para tódolos asistentes. Haberá tamén cun desfile de disfraces para premiar ós máis orixinais (dous individuais e dous colectivos).

Concurso de filloas Carnota 2011
Trátase de facer partícipe ós adultos da tradición galega de cociñar filloas no entroido. Uns fanas con anís, outros con limón, outros bótanlle auga, outros leite … pero ¿Cales serán as mellores?
Para participar no concurso cada participante dede entregar sobre 50 filloas nun plato de plástico ou de papel (de usar e tirar) no pavillón de Lamas, o día 8 de marzo entre as 11:00 h e as 12:00 h. Alí haberá algunha persoa para recollelas, apuntar os datos e ilas colocando. Un profesional da restauración e os votos do público darán ó gañador/a do concurso, ó cal se lle obsequiará cunha placa “Á mellor filloeira de Carnota”.
Por certo, a entrada é gratuita. Pero para a realización de todas estas actividades, suspéndense as clases da escola de música e das escolas deportivas, os días luns 7, martes 8 e mércores 9 de marzo. E na organización participan Tien21 (Chouza), Nalú (Escola Náutica), Tapas Tono e Mesón Doña Teresa.