sábado, 11 de junio de 2011

NOVO ALCALDE DE CARNOTA

Moncho Noceda no momento de tomar posesión

Moncho Noceda proclámase novo alcalde de Carnota co apoio da maioría absoluta da corporación



Nova corporación munipal
A corporación municipal 2011-2015 do Concello de Carnota queda como segue:
  • Alcalde: Moncho Noceda Caamaño (BNG)
  • Merche Díaz Mayán (BNG)
  • Iván Franco Caamaño (BNG)
  • Antón Federico Beiro Oreiro (BNG)
  • Suso Campos Díaz (PSOE)
  • Juan Saborido Rama (PSOE)
  • José Oreiro Rodríguez (PP)
  • Marisol Piñeiro Martínez (PP)
  • Santiago Brea Beiro (PP)
  • Chus González Senande (PP)
  • Ana González Louro (PP)
campos
Non tivo outra opción que claudicar porque estaba en perigo a súa saúde politica.
o ex xefe e os seus tiveron mais forza segun os comentarios do partido.

Ramón Noceda Caamaño é xa o novo alcalde do Concello de Carnota, tras o impecábel desenvolvemento da sesión plenaria durante a que tomaron hoxe posesión das súas actas os 11 novos edís da corporación municipal 2011-2015.

Moncho Noceda no momento de tomar posesión
Durante un pleno caracterizado pola importantísima presenza e a normal expectación veciñal, dado que se chegou ao mesmo momento da investidura sen ningún acordo entre as forzas, finalmente os 2 concelleiros electos polo PSOE de Carnota deron o seu apoio á candidatura presentada polo BNG, que alcanzou asi os 6 edís necesarios para a proclamación do alcalde.

Moncho Noceda, durante o seu primeiro discurso como novo alcalde de Carnota, agradeceu a toda a sociedade o importante apoio recibido e animou á veciños a sumarse a traballar polo futuro dun concello que non atravesa polo seu mellor momento. Asi mesmo, e tras agradecer aos membros do PSOE a súa postura, extendeu o chamamento aos veciños tamén aos concelleiros das demais forzas políticas de Carnota.

Primeiro paso ilusionante
A pesar de que esta investidura se produciu sen un acordo de goberno entre ningunha das forzas que obtiveron representación, o BNG agradece que finalmente o PSOE cumprira coa palabra dada na campaña e anuncia que vai establecer os contactos precisos para, nas vindeiras datas, tentar achegar posicións de cara a conformar un acordo de goberno baseado en valores de transparencia, austeridade, seriedade, honradez, xustiza, solidariedade e sobre todo participación veciñal na vida municipal, superando vellos partidismos, personalismos e localismos e traballando para dar forma a un Concello de Carnota máis igualitario do que se sintan parte indivisible todos e cada un dos nosos veciños e veciñas.

Euloxio Franco, con nós
A maior ovación por parte dos veciños de Carnota produciuse durante a intervención do secretario-interventor do Concello de Carnota, Carlos Bousoño, que era o encargado de conducir e explicar o desenvolvemento da sesión. Despois de lembrar aos 6 membros da anterior corporación municipal que xa non repetirán nesta lexislatura, quixo facer unha mención especial dedicando unha poesía en homenaxe ao noso tristemente falecido compañeiro Euloxio Franco, que nos deixou poucos meses antes do inicio da campaña sendo concelleiro do BNG e tras ser elixido pola Asemblea local do BNG para repetir posición na candidatura nacionalista.

informacion recabada do blog do BNG de Carnota


No hay comentarios: