martes, 14 de septiembre de 2010

A LONXA SERA UN EDIFICIO MULTIUSOS

O PORTO DE O PINDO
CONTARÁ CUN MODERNO EDIFICIO
DE SERVIZOS PARA AS INSTALACIÓNS PORTUARIAS
Mércores, 18 Agosto 2010

A licitación das obras de construción deste edificio foron anunciadas no Diario Oficial de Galicia
• O orzamento base de licitación é de 499.623,76 euros e o prazo de execución é de 6 meses
• Con este novo e moderno edificio O Pindo mellorará, ademais da súa estética, as propias instalacións tan necesarias para o uso dos usuarios e mariñeiros
Santiago, 18 de agosto de 2010.- O porto de O Pindo contará cun moderno edificio de servizos para as instalación portuarias segundo anuncia o ente público Portos de Galicia a través do Diario Oficial. O orzamento base de licitación é de 499.623,76 euros e o prazo de execución é de 6 meses. Con este novo e moderno edificio O Pindo mellorará, ademais da súa estética, as propias instalacións tan necesarias para o uso dos usuarios e mariñeiros desta zona.

O edificio constará de planta baixa e alta. Na planta baixa atoparanse os locais destinados a multiusos nunha superficie de 225 metros cadrados. Na planta alta estará o local para mariñeiros e outras dependencias que darán servizo ao porto do Pindo, nunha superficie doutros 225 metros cadrados. Nesta planta atoparase tamén unha zona adicada a terraza de 45 metros cadrados.
Os documentos administrativos desta convocatoria poderanse descargar na web

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14719.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. O sistema de adxudicación terá en conta a oferta máis vantaxosa dende o punto de vista económico.

miércoles, 8 de septiembre de 2010

Monte Pindo Parque Natural


Grande aceptación da Costa da Morte á proposta da creación do Parque Natural Monte Pindo. A reacción dos poderes costeiros foi positiva excepto a reacción do alcalde carnotán, José Oreiro, que pedía que a proposta partise do pobo carnotán. O caso é que o Monte Pindo sobrepasa fronteiras, e en toda Galicia é tomado como un tesouro propio, un tesouro do país, e non só un tesouro comarcal.
De feito, ADEGA, unha das entidades que elaborou o informe e realizou a petición, recibiu con moita alegría a reacción da bisbarra, como nos conta o propio Martiño Fiz, un dos seus responsables. Pero é que a idea de que pode ser unha "esperanza" para a Costa calou moi fondo na nosa sociedade, que pouco a pouco se decata que o turismo natural pode ser un verdadeiro motor económico.
Pros e contras
Con todo, sempre hai opinións de todo tipo. Algunha xente non entende que sexa unha entidade de fóra da bisbarra a que promova unha acción así. A idea de que "o futuro de Carnota é unicamente decisión dos carnotáns", como asegura o alcalde José Oreiro, parece algo superada, en tanto un tesouro como o Monte Pindo pertence a todos os habitantes da Costa da Morte, a todo os galegos e a todo aquel que queira disfrutalo.Tamén hai quen teme que a masificación acabe sendo un problema para a conservación do monte. Con todo, e queramos ou non, faise complicado pensar na masificación como un problema real.
Critican tamén que estas medidas nunca inflúan na creación de postos de traballo. Pero equivócanse. A vixilancia do Parque, a creación dun futuro centro de interpretación, a creación de novos establecimentos hosteleiros, a creación de novas zonas gandeiras para a conservación do monte... son novas vías que de seguro crearán riqueza non entorno.
Información aos veciños
Xa están pensando, tando en Carnota como dende ADEGA, en comezar charlas informativas no Pindo e no resto de parroquias que estarían afectadas. Parroquias todas elas que saben o que é o patrimonio cultural e etnográfico, e non hai máis que ver as fermosas aldeas da Curra ou de Quilmas para decatarnos. Polo que semella que non van ter problema en adecuarse as normas do Parque.
De feito, a primeira charla informativa, que repasaremos estes días, xa está convocada pola entidade Galiza Nova de Carnota, para este sábado 18 de setembro no Colexio do Pindo ás 18:00h da tarde. Participarán Nuria Pampín e Mario Maceiras por parte de Galiza Nova e Fins Eirexas e Martiño Fiz (o relatorda proposta) por parte de Adega.
A Xunta ten a palabra
A proposta que o grupo de investigadores, profesores universitarios e Adega, veñen de presentar no Observatorio Galego da Biodiversidade, agarda agora pola resposta. Unha resposta que só depende do criterio da Xunta de Galicia. Polo que será a Xunta quen declare ou non ao Monte Pindo como Parque Natural.
Grupo en Facebook
Xa son varios os grupos que andan pola rede para promocionar o Parque Natural Monet Pindo.

Ademais do Grupo Na Defensa do Monte Pindo e do recén nado Yo quiero que el monte Pindo se declare parque natural , xa temos Grupo "oficial".


Monte Pindo Parque Natural é o espazo oficial, que en menos dunha semana xa ten máis de 200 afiliados



Científicos y ecologistas de toda Galicia piden que el monte Pindo se declare parque natural
Adega cree que el paraje carnotano tiene un gran potencial para el turismo sostenible


Ecologistas de Adega y profesores universitarios de Santiago y A Coruña propusieron al Observatorio Galego da Biodiversidade -que pertenece a la Xunta- que el monte Pindo se declare parque natural. La propuesta abarca inicialmente la parte alta de este terreno y para sus impulsores está justificada por la singularidad del paraje, la necesidad de salvaguardar tanto la flora como la fauna que alberga y sus condiciones naturales. Además, se presupone que supondrá una considerable ventaja social y económica para los habitantes de las inmediaciones de este entorno.
En el documento en el que se argumenta esta propuesta se mencionan también otras circunstancias, como la inexistencia de explotaciones que generen beneficios económicos en O Pindo, pues el esporádico pastoreo de ganado caballar o la repoblación arbórea en algunos parajes constituyen las únicas actividades del monte. Estos aspectos -según apuntan los promotores de esta iniciativa- favorecen la promoción de un turismo sostenible, con extraordinarias potencialidades para la zona.
Cabe recordar que este lugar ya forma parte de la Rede Natura, junto a otras zonas adyacentes, aunque esta propuesta únicamente hace referencia a la parte alta del monte, entendiendo que esta situación no creará conflicto social, dada la ausencia de actividad humana en la zona. De prosperar la propuesta, apuntan los encargados de redactarla, en el futuro podría ampliarse la superficie inicialmente catalogada como parque natural.
Promoción
Enfatizan también que la declaración de este monte como parque natural supondría la revalorización turística y ambiental, ordenada y sostenible de este paraje, que pasaría a ser un referente de primer orden en toda la comarca de la Costa da Morte, sirviendo, además, de modelo para otros enclaves naturales de Galicia, como ya acontece con el parque ourensano de Xurés, tal y como desvelan los mismos promotores.
En la propuesta se incluyen las actuaciones a emprender para la declaración final de este espacio natural, limitadas a varios proyectos de baja dotación presupuestaria. Entre ellos, destacan la construcción de un centro de interpretación del parque, la creación y señalización de rutas de senderismo, la limpieza de pintadas o la retirada de la madera quemada. Además se añaden otras inversiones encaminadas a la prevención de incendios y a la protección y puesta en valor del patrimonio cultural existente.
Según concluye la petición, con esta catalogación se posibilitaría mantener los aprovechamientos actuales del monte incrementando el beneficio económico para la comarca, debido a las expectativas turísticas que se generarían, además de conseguir ampliar la escasa superficie natural protegida que actualmente existe en Galicia.

http://adega.info/info/090121joomla/files/biodiversidade/Proposta_MONTE_PINDO.pdf



PUBLICACION NA VOZ DE GALICIA