miércoles, 29 de junio de 2011

O AXUNTAMENTO CAMBIA DE ALCALDE E DE SOLDOS

O novo alcalde de Carnota cobrará a metade que o anterior e os soldos políticos descenden máis dun 80% por cento
Era un dos puntos máis criticados polo BNG cando estaba na oposición. E parace que unha vez no poder vai cumplir esta primeira promesa do programa electoral: a redución drástica dos gastos de carácter político.
Denunciaban que “o PP só no 2010 gastou case 190.000 euros en soldos poíticos incluíndo retribucións, dietas e seguridade social de dous concelleiros con dedicación exclusiva e unha liberada política”.E hoxe fai pública a única dedicación exclusiva que prantexa o BNG, a do alcalde, nunca superior aos 2.000 euros brutos, aprobada coa abstención do PP. Serán 28.000 euros anuais os que cobre Moncho Noceda, a metade dos case 52.000 euros percibidos polo anterior alcalde, José Oreiro, do PP.
Asi o BNG elimina o soldo de 31.000 euros que viña percibindo o edil do PP Santiago Brea pola súa 2ª tenencia de alcaldia. O soldo de 38.000 euros de Marisol Piñeiro (1º tenente alcalde) non será necesario suprimilo, pois no 2010 pasou a cobrar directamente como deputada do PP no Parlamento Galego, para fortuna das arcas municipais de Carnota.
Segundo o BNG, “Os salarios políticos de Carnota descenderon asi un 82% coa entrada do BNG no goberno pasando dos case 153 mil euros que se repartiu o PP en dedicacións exclusivas só no ano 2010 aos 28 mil euros actuais do alcalde”.
Novas áreas de goberno
As novas áreas de traballo para o goberno municipal aprobadas o sábado son as seguintes:
Ramón Noceda (Alcalde). Encargarase das áreas de Participación Veciñal e Ordenación territorial.
Merche Díaz (Tenente de Alcalde). Encargarase das áreas de Medio Ambiente, Rural e Mariño así como as relacionadas coas Muller e Servizos Sociais.
Iván Franco: responsable de Comunicación, Cultura e Deporte, e Turismo.
Antón Federico Beiro. Encargado de Promoción económica.

INFORMACION RECABADA DE QUEPASANACOSTA.COM

No hay comentarios: