A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

martes, 21 de diciembre de 2010

A Xunta non creará nesta lexislatura o Parque Natural Monte Pindo

Outra mais seguimos esquecidos por
A Xunta
como sempre
a Igresia promesa
a
Lonxa promesa
o
Parque Natural Monte Pindo promesa
pra cando empezamos xa.
reunion de pastores algo vai mal


Boa nova era o feito de que o Observatorio Galego da Biodiversidade tratase a solicitude da declaración do Monte Pindo como Parque Natural, presentada pola asociación ecoloxista Adega. Pero malas son as novas que quedan trala devandita reunión.
A Xunta valora este complexo natural coma “un dos máis espectaculares da costa atlántica e integrado no Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Carnota-Monte Pindo, está incluído na Rede Natura 2000 e, polo tanto, na Rede Galega de Espazos Protexidos coa figura de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais”. Pero a Xunta conintúa cun seco “se ben este espazo goza de características singulares, non está na axenda desta lexislatura a súa declaración baixo a categoría de Parque Natural”.

Os represetantes de Adega relatan a solicitude
Outros temas tratados
Conservación das especies ameazadas
Na reunión revisáronse as liñas de traballo que se están desenvolvendo polo Departamento que dirixe Samuel Juárez para a conservación das especies ameazadas, en especial a elaboración dos plans de conservación, dos que na actualidade xa se conta con documentos de propostas técnicas elaborados para 46 especies. Porén, aínda deberán ser sometidos a procedementos de participación e información pública antes da súa aprobación como Decreto.
Asemade, o Observatorio debateu a posible inclusión dunha nova especie no Catálogo: Cheilanthes guanchica. Trátase dun fento que en Galicia se atopa presente no límite sur do concello lugués de Sober, nunha zona de influencia mediterránea e que medra entre rochedos xistosos expostos ao sur nas costas cultivadas de viñedo que caen ao río Sil.
Erradicación de especies invasoras
O Observatorio tamén tratou a cración dun catálogo nacional con outras comunidades de especies exóticas invasoras, coa firme intención de erradicalas.Na actualidade, especies exóticas coma o visón americano, o cangrexo americano, a herba da pampa, a uña de gato ou Egeria densa xa están moi espalladas polo territorio, orixinando graves problemas de conservación para as especies ameazadas e ecosistemas, mentres que outras potenciais invasoras ameazan con entrar. Aos efectos, a Xunta está elaborando unha estratexia destinada á prevención e á xestión desta problemática, traballando xunto con outras comunidades autónomas e o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (MARM) na elaboración dun Catálogo Nacional de Especies Exóticas Invasoras con fortes restricións en relación á utilización destas especies e obrigas destinadas á súa erradicación ou control.

No hay comentarios: