A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

martes, 14 de septiembre de 2010

A LONXA SERA UN EDIFICIO MULTIUSOS

O PORTO DE O PINDO
CONTARÁ CUN MODERNO EDIFICIO
DE SERVIZOS PARA AS INSTALACIÓNS PORTUARIAS
Mércores, 18 Agosto 2010

A licitación das obras de construción deste edificio foron anunciadas no Diario Oficial de Galicia
• O orzamento base de licitación é de 499.623,76 euros e o prazo de execución é de 6 meses
• Con este novo e moderno edificio O Pindo mellorará, ademais da súa estética, as propias instalacións tan necesarias para o uso dos usuarios e mariñeiros
Santiago, 18 de agosto de 2010.- O porto de O Pindo contará cun moderno edificio de servizos para as instalación portuarias segundo anuncia o ente público Portos de Galicia a través do Diario Oficial. O orzamento base de licitación é de 499.623,76 euros e o prazo de execución é de 6 meses. Con este novo e moderno edificio O Pindo mellorará, ademais da súa estética, as propias instalacións tan necesarias para o uso dos usuarios e mariñeiros desta zona.

O edificio constará de planta baixa e alta. Na planta baixa atoparanse os locais destinados a multiusos nunha superficie de 225 metros cadrados. Na planta alta estará o local para mariñeiros e outras dependencias que darán servizo ao porto do Pindo, nunha superficie doutros 225 metros cadrados. Nesta planta atoparase tamén unha zona adicada a terraza de 45 metros cadrados.
Os documentos administrativos desta convocatoria poderanse descargar na web

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=14719.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 14:00 horas do vixésimo sexto día natural seguinte á publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. O sistema de adxudicación terá en conta a oferta máis vantaxosa dende o punto de vista económico.

No hay comentarios: