A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

viernes, 11 de junio de 2010

TODO UN CAMPION

TODO UN CAMPION
Nora boa Xabi




O Jueves 27 de mayo de 2010
DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS NO CEIP DO PINDO


Publicado por BLOG de Educación Física de o CEIP de O Pindo
XABIER CASTRO LADO

3º CLASIFICADO

NA CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE OUTES

Xabier Castro Lado, do 5º curso de primaria do CEIP do PINDO,

acadou o 3º lugar na Carreira Pedestre que organiza o Concello de Outes.

Esta é xa a III edición desta actividade que se celebrou o pasado 17 de maio neste concello e que na Categoria B, na que participou Xabier, constaba de 1000m.

Xabier acadou o 3º posto cun tempo de 3:55.

Xabi trouxonos o seu trofeo ao cole para que todos os que non estivemos

na carreira o poidesemos ver.
Noraboa Xabi!!!, segue así. Algún día esperamos verte nas Olimpiadas.
O noso campión relatounos como se desenvolveu o seu día na competición,

non perdades atención as súas palabras:


"O día 17 foi un día moi especial para min, porque era o Día das Letras, pero tamén porque era o día da Carreira Pedestre de Outes, na que participaba.
Ese día levanteime as nove da mañá, vextinme rápido e tamén almorcei rápido. Mentres íamos cara Outes meu pai dábame algún consello, como...corre tranquilo e non te preocupes que de seguro que quedarás ben.
Cando cheguei alí, vin como corrían os máis pitufos e logo fun a a quentar e estirei e estirei ...ata que todos nos colocamos na liña de saída. Pasados cinco minutos un home anunciou que nos tiñamos que colocar nos nosos postos e... PUM!!! oíuse o disparo.
A pesar da miña mala saída, fun adiantando ata que me coloquei quinto e nun pequeno sprint púxenme de segundo a quince metros da meta. Ía tranquilo pero no último momento apareceume o terceiro por detrás e adiantoume, así que finalicei terceiro.
Logo tomei un xelado e esperei a que me entregaran o premio, cando mo deron había moita xente sacando fotos, pero non me saíron as cores. Cando cheguei a casa a miña avoa deume dous grandes bicos e colocamos o meu trofeo no salón"


No hay comentarios: