miércoles, 26 de mayo de 2010

V XORNADAS DE PESCA EN O PINDO

A Confraría do Pindo
dedica as
V Xornadas de Pesca
á caza das baleas

Este e o programa para estes dias 25/26/27/de xuño


V Xornadas de Pesca, que artella a Confraría de Pescadores do Pindo
As Xornadas deste ano estan adicadas a caza das baleas, da que nos falaba precisamente esta semana Víctor Castiñeira
participarán algún dos antigos traballadores da baleeira de Caneliñas, e outros moitos expertos neste tema, como Luis Laria (presidente deo CEPESMA e fundador do museo das baleas de Luarca), e tamén Alfredo López, coordinador do CEMMA, entre outros

Haberá música da man de Bieito Romero, voceiro de Luar na Lubre moi vencellado á Costa da Morte, ou Cantigas da Terra. E a degustación de produtos na lonxa será outro punto forte. Ademais, o cine estará aberto na mañá do sábado 26 con películas onde as baleas son as protagonistas.

Inscrición
Poden inscribirse xa e ata o 15 de xuño, sendo a asistencia ás xornadas gratuita para os socios e non socios residentes en Carnota. Para os asistentes de fóra do concello as cotas son de 10€ por inscrición, 60€ con aloxamento e 25€ sen necesidade de aloxamento.

Poden facelo na sede da confraría do Pindo, chamando ao 981 76 48 15 ou no correo confraria@wanadoo.es.


Eiqui podedes ver un reportaxe de tve feito no pindo adicado a pesca das baleas e a pescadores e traballadores da factoria de caneliñas

No hay comentarios: