lunes, 26 de octubre de 2009

Igrexa de San Clemente do Pindo

POR FIN AI AXUDAS PRO PINDO EN ALGO (adeus garcias)
O conselleiro Roberto Varela ratificou o pasado venres 23 de outubro, nunha visita institucional ao Concello de Carnota, o apoio económico por parte da Consellería de Cultura e Turismo a varios proxectos de interese cultural e patrimonial no municipio coruñes. Uns proxectos que presentaba o concello esta pasada semana co obxectivo de a dar a coñecer a riqueza etnográfica, cultural e paisaxística.

Voltando cas 3 infraestrutruras que visitou o conselleiro, as axudas previstas pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para as actuacións na Igrexa de San Clemente de O Pindo e a restauración do seu antigo retablo alcanzarán os 210.000 euros, segundo a valoración efectuada polos servizos técnicos da Consellería, e se prolongarán durante 6 meses a partir da primavera de 2010.
Os informes elaborados sobre este elemento patrimonial definen a Igrexa de San Clemente como un interesante templo que consta na actualidade de dúas partes diferenciadas, unha capela de trazas barrocas orixinais, empregada na actualidade como sancristía e unha ampliación a mediados do século XX disposta en perpendicular. No templo orixinal existe un retablo pétreo de finais do século XVIII de granito e policromado que na actualidade utilízase como lugar de almacenamento.
De xeito detallado, un total de 176.000 euros estarán destinados á restauración da estrutura de cuberta e cubrición das dúas partes do templo, o repicado e encintado de morteiros exteriores e limpeza de interiores, carpinterías e reconstrución do coro, limpeza e reparacións no pavimento da igrexa primitiva e a Instalación de electricidade e iluminación. Sobre o retablo ancestral da Igrexa de San Clemente levarase a cabo unha restauración completa, prestando especial atención á humidade, presupostada en 34.000 euros.

No hay comentarios: