A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

sábado, 11 de junio de 2011

NOVO ALCALDE DE CARNOTA

Moncho Noceda no momento de tomar posesión

Moncho Noceda proclámase novo alcalde de Carnota co apoio da maioría absoluta da corporación



Nova corporación munipal
A corporación municipal 2011-2015 do Concello de Carnota queda como segue:
  • Alcalde: Moncho Noceda Caamaño (BNG)
  • Merche Díaz Mayán (BNG)
  • Iván Franco Caamaño (BNG)
  • Antón Federico Beiro Oreiro (BNG)
  • Suso Campos Díaz (PSOE)
  • Juan Saborido Rama (PSOE)
  • José Oreiro Rodríguez (PP)
  • Marisol Piñeiro Martínez (PP)
  • Santiago Brea Beiro (PP)
  • Chus González Senande (PP)
  • Ana González Louro (PP)
campos
Non tivo outra opción que claudicar porque estaba en perigo a súa saúde politica.
o ex xefe e os seus tiveron mais forza segun os comentarios do partido.

Ramón Noceda Caamaño é xa o novo alcalde do Concello de Carnota, tras o impecábel desenvolvemento da sesión plenaria durante a que tomaron hoxe posesión das súas actas os 11 novos edís da corporación municipal 2011-2015.

Moncho Noceda no momento de tomar posesión
Durante un pleno caracterizado pola importantísima presenza e a normal expectación veciñal, dado que se chegou ao mesmo momento da investidura sen ningún acordo entre as forzas, finalmente os 2 concelleiros electos polo PSOE de Carnota deron o seu apoio á candidatura presentada polo BNG, que alcanzou asi os 6 edís necesarios para a proclamación do alcalde.

Moncho Noceda, durante o seu primeiro discurso como novo alcalde de Carnota, agradeceu a toda a sociedade o importante apoio recibido e animou á veciños a sumarse a traballar polo futuro dun concello que non atravesa polo seu mellor momento. Asi mesmo, e tras agradecer aos membros do PSOE a súa postura, extendeu o chamamento aos veciños tamén aos concelleiros das demais forzas políticas de Carnota.

Primeiro paso ilusionante
A pesar de que esta investidura se produciu sen un acordo de goberno entre ningunha das forzas que obtiveron representación, o BNG agradece que finalmente o PSOE cumprira coa palabra dada na campaña e anuncia que vai establecer os contactos precisos para, nas vindeiras datas, tentar achegar posicións de cara a conformar un acordo de goberno baseado en valores de transparencia, austeridade, seriedade, honradez, xustiza, solidariedade e sobre todo participación veciñal na vida municipal, superando vellos partidismos, personalismos e localismos e traballando para dar forma a un Concello de Carnota máis igualitario do que se sintan parte indivisible todos e cada un dos nosos veciños e veciñas.

Euloxio Franco, con nós
A maior ovación por parte dos veciños de Carnota produciuse durante a intervención do secretario-interventor do Concello de Carnota, Carlos Bousoño, que era o encargado de conducir e explicar o desenvolvemento da sesión. Despois de lembrar aos 6 membros da anterior corporación municipal que xa non repetirán nesta lexislatura, quixo facer unha mención especial dedicando unha poesía en homenaxe ao noso tristemente falecido compañeiro Euloxio Franco, que nos deixou poucos meses antes do inicio da campaña sendo concelleiro do BNG e tras ser elixido pola Asemblea local do BNG para repetir posición na candidatura nacionalista.

informacion recabada do blog do BNG de Carnota


martes, 7 de junio de 2011

Tambaléase os pactos PSOE-BNG e entra en poxa PP PSOEen Carnota

El candidato socialista afirma que el PP le ofreció la alcaldía de Carnota

a voz de galicia

Non está claro o que acontecerá no Pleno Constitucional de Carnota deste 11 de maio. O que parecía cantado (pacto entre PSOE e BNG) non está tan claro. A semana pasada o BNG esixíalle ao PSOE que cumplira un acordo e ceda a alcaldía. Hoxe, vén de enviar o PSOE de Carnota un comunicado polo que se ve que , non hai acordo.
O PSOE asegura que está falando tamén co PP baseándose en principios de “diálogo social”. O propio Suso Campos afirma que serán os militantes os que decidan con quen pacta o grupo.
A maior discrepancia nas propostas é que o PSOE esixe que se aproben dúas dedicacións exclusivas, mentres que no BNG prantexan só unha, para reducir o gasto en soldos, un punto no que ambos grupos están dacordo e veñen denunciando dende hai tempo. Por este motivo consideran “ao BNG responsable de que non exista un acordo antes da investidura entre as forzas políticas de esquerdas”.
E entra en poxa os contactos PP e PSOE cas guerras internas dos peixes fortes do PSOE que non queren saber nada dos pactos co PP e por outra parte os que non queren saber nada co BNG.
¿romperanse as boas maneiras dos compañeiros do PSOE entre ambolos dous lados?
Haberá que ver que ocorre ao longo desta semana de cara ao Pleno de investidura deste sábado 11 de xuño.

miércoles, 1 de junio de 2011

Monte Pindo: Pasto de cabras ou coto de caza?


Juan Rof Codina (1874-1967) era fillo dun ferreiro catalán e marchou a Madrid a estudar veterinaria; rematados os estudos aproba unhas oposicións de Sanidade Militar, polo que será destinado a Lugo en 1899. Aquí casa e pronto deixa a carreira militar para fundar unha clínica veterinaria, pero non só se dedica a curar animais, senón que se interesa profundamente polo estudo da gandaría, por exemplo pola mellora da raza rubia galega, como tamén se preocupa pola prevención e difusión, todo co ánimo de contribuír á mellora e progreso da agricultura galega.
QUEPASANACOSTA

Continúa a Asociación Monte Pindo Parque Natural rebuscando no baúl das lembranzas do monte costeiro. E son moitas as cousas que veñen descubrindo, deixando claro o valor patrimonial e etnográfico deste monumento natural.
Desta volta publican un artigo do veterinario catalán Juan Rof Codina (1874-1967). Afincado en Galicia, volcou a súa vida na mellora da agricultura e da sociedade labrega baseada nun cambio na mentalidade do agro galego.
Concretamente, no nº 5 do Boletín de la Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía, Rof Codina describe como na “inhabitada mole de piedra” (…) “entre sus riscos viven durante todo el año varios rebaños de ganado cabrío, que aprovechan los musgos y hierbecillas que crecen entre las oquedades de aquellos abruptos peñascos.
Esta afirmación vén sendo moi significativa para a entidade, despois de coñecer a intención do voceiro do PP e alcalde en funcións, José Oreiro, de convertir o Monte Pindo nun coto de caza maior.

lunes, 30 de mayo de 2011

VI XORNADAS DE PESCA - O PINDO

VI Xornadas de Pesca


PINDO MARIÑO
Como todos estes últimos anos, a Confraría do Pindo organiza no 2011 as súas Xornadas de Pesca, adicadas nestas a súa sexta edición ao amor polo mar.
As actividades englobadas nestas xornadas darán comezo coas actividades diarias para os máis pequenos dende o luns 20 de xuño ata o xoves 23 de xuño, con talleres e obradoiros para os cativos da casa.
Os días principais das xornadas deste ano serán o 24, 25 e 26 de xuño, nos que se realizarán no Pindo eventos moi variados: traballadoras do mar falarannos sobre as súas experiencias, haberá charlas sobre pesca sostible co experto Alfredo López Fernández do CEMMA e sobre traballar no mar con Mª Paz Gómez Vázquez (directora do ISM da Coruña), actuacións musicais, fiadas, roteiros, degustación de productos do mar, e moitas outras cousas.




viernes, 27 de mayo de 2011

BANDEIRAS AZULES

COMO SEMPRE A DE SAN PEDRO


CON MERDA NON TEN BANDEIRA


A LIMPEZA BRILLA POR SU AUSENCIA


GRACIÑAS O CONCELLO



ALEGRAMONOS POR LIRA E BOCA DO RIO

lunes, 23 de mayo de 2011

RESULTADOS ELECTORAIS MUNICIPAIS 2011

"QUEN FARA GOBERNO CUMPLIRANSE AS PROMESAS ELECTORAIS"


OFICIALES


RESULTADOS ELECTORAIS MUNICIPAIS 2011