A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

jueves, 21 de julio de 2011

lunes, 11 de julio de 2011

Rematou o III Encontro Montepindo 2011

REMATOU O III ENCONTRO



MONTE PINDO 2011



OS MAIS NOVOS
A CAMPIONA NATIVIDAD


SAIDA DA CARREIRA POLO MONTE PINDO

DE GALICIA MAXICA



MANOLO CA QUEIMADA INSIÑANDO OS EMBRUXOS




ROTEIRO A CASCADA





O PASEO NO BARCO AS LOBEIRAS E CORRUMEIRO





MAIS FOTOS TREME EIQUI







lunes, 4 de julio de 2011

O Carballo anano do Monte Pindo

O Carballo anano do Monte Pindo

entra no Catálogo Galego de Especies Ameazadas

XUNTA DE GALICIA


El roble enano (carballo anano, Quercus lusitanica) está amenazado de extinción en Galicia. Sólo restan unos pocos ejemplares de esta especie nativa en las laderas del monte Pindo, en Carnota. Fue añadido al Catálogo de Especies Gallegas con el rótulo de amenazado, anotación que no se renovaba desde 2007.
O carballo anano (Quercus lusitanica) é unha especie arbustiva que medra no suroeste da Península Ibérica e máis en Marrocos. En Galiza existe unha pequena poboación illada e cuasi-residual nas abas do Monte Pindo (Carnota) que se sitíúa a 500 Km da poboación máis cercana da mesma especie. Esta característica singular da súa distribución xeográfica chamada polos biólogos "disxunta" é a que determina que esta especie fora proposta como especie protexida.
O carballo anano é a primeira especie que se incorpora ao Catálogo Galego de Especies Ameazadas despois da súa aprobación en 2007. No entanto, existen moitos máis candidatos a formar parte da flora e fauna ameazada de Galiza. A maior dificultade que presentan as novas incorporacións a este Catálogo é a carencia de datos, sobre todo no aínda descoñecido mundo dos insectos onde se estima que en Galiza aínda hai por descubrir moitas especies novas para a ciencia. Porén, a protección dos hábitats naturais resulta chave para preservar este valioso patrimonio aínda por descubrir. De continuar coa deterioración ambiental dos ecosistemas naturais, é moi posíbel que valiosísimas especies, moitas delas endemismos, desaparezan sen térmolas sequera coñecido.A declaración como especie protexida implica que queda prohibido danar ás plantas e que deberá elaborarse un Plano de Conservación que se agarda que sexa efectivo para aumentar o número de exemplares e mellorar o seu estado. A día de hoxe, son contadas as especies protexidas cun Plano de Conservación en marcha: agardemos que a nova Xunta faga os seus deberes e presente as súas propostas denantes de que moitas destas especies desaparezan por falta de medidas de conservación.Complementariamente a esta declaración, ADEGA solicitará a inclusión da área de distribución desta especie e do propio Monte Pindo como Monumento Natural, Paisaxe Protexida ou outra figura de protección ambiental que sirva, ademáis de para garantir a conservación dos seus valores naturais, para promover o enorme interese ecoturístico e cultural desta privilexiada paraxe.Fuente: Cultura Galega, un portal para xente enredada


A Xunta publicaba a semana pasada a actualización do


Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Un catálogo que ten por obxecto aplicar medidas específicas de protección para estas especies ameazadas. Unha delas é unha especie endémica da nosa zona, ou máis concretamente do Monte Pindo.
Tras ser declarada en setembro de 2008 “especie amenazada vulnerable”, esta semana xa pase a formar parte oficialmente do Catálogo.Así o decidía o Observatorio pola Biodiversidade, o mesmo que decidía non declarar o Monte Pindo Parque Natural.
O Quercus lusitanica Lam, ou carballo enano, é específica do catálogo galego e terá que agardar para ser incluída no Catálogo Español de Especies Amenazadas.
As que si xa forman parte do español son as novas especies integradas no galego: a bucina mariña (Charonía lampas L.); e a libélula (Oxygastra curtisii). No tocante ás aves, quedarían incluídos a aguia pescadora (Pandion haliaetus L.) e o curroxo real (Phoenicurus phoenicurus L.); mentres que na sección de mamíferos estarían os morcegos Nyctalus noctula e o Nyctalus lasiopterus.
No decreto ademais modifícase o procedemento de catalogación, descatalogación ou cambio de categoría de especies.




QUEPASANACOSTA.COM