A MIÑA BANDEIRA

A MIÑA BANDEIRA

domingo, 27 de junio de 2010

Megaplayback de Carnota en A Coruña

TREME NA FOTO MAIS FOTOS
vai participar nun programa de televisión para Antena 3.
Fan falta un mínimo de 150 persoas de todalas idades.Se queredes participar apuntadevos chamando o número do concello (981 85 70 32) e preguntade por Sara ou Begoña.
Os dias de gravación serán o sabado 26 e domingo 27.
PARTICIPADE!!!IDEA DO NOSO MEGAPLAYBACK Carnota,
ante os ollos dun peregrino do seculo pasado, reconvertida a realidade de hoxe.
Costumes e profesions posta en escena do pasado ca estridencia e loucuras de
LADY GAGA.TODOS OS QUE TEÑAN PENSADO PARTICIPAR QUE VEÑAN A BOCA DO RIO O SABADO 19 AS 20:00 E O DOMINGO 20 AS 11:30 PARA ENSAIAR E ASIGNAR PAPEIS.
Animovos a que vos rexistredes a sección oficial de carnota para poder facer comentarios e subir fotos

V XORNADAS DE PESCA - O PINDO

AS V XONARDAS DE PESCA
Alta participacion e xornadas con roteiro e actividades sobre o mar
eiqui vemo e juan ramon explicando as artes do mar os mais cativos.

Roteiros

actividades do mar pepe explicando as mañas




roteiros







viernes, 25 de junio de 2010

Cascada do Xallas - Horarios de Apertura

Cascada del Xallas
"Fervenza do Ézaro" Horarios de Apertura

Calendario de aperturas. El espectáculo puede verse entre el 21 de junio y el 21 de setiembre.

- Sábados de 23’00 a 23’30 h. (Iluminación Nocturna)
- Domingos de 12’30 a 14’00 h.

También de forma excepcional el viernes, sábado y
domingo de Semana Santa, así como los siguientes
días:
- 1 de Maio
- 24 de Junio
- 16 y 25 de Julio
- 15 de Agosto
- 12 de Octubre
- 1 de Noviembre

lunes, 21 de junio de 2010

O PINDO UN ANO MAIS NA 2ª AUTONOMICA

A nova foi recibida con moita alegría por OPindo. O ascenso de categoría, unido ao mantemento do Cee xa conseguido hai varias semanas, permite aos Pindexos manter a categoría un ano máis .

viernes, 11 de junio de 2010

TODO UN CAMPION

TODO UN CAMPION
Nora boa Xabi




O Jueves 27 de mayo de 2010
DÍA DOS XOGOS TRADICIONAIS NO CEIP DO PINDO


Publicado por BLOG de Educación Física de o CEIP de O Pindo
XABIER CASTRO LADO

3º CLASIFICADO

NA CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE OUTES

Xabier Castro Lado, do 5º curso de primaria do CEIP do PINDO,

acadou o 3º lugar na Carreira Pedestre que organiza o Concello de Outes.

Esta é xa a III edición desta actividade que se celebrou o pasado 17 de maio neste concello e que na Categoria B, na que participou Xabier, constaba de 1000m.

Xabier acadou o 3º posto cun tempo de 3:55.

Xabi trouxonos o seu trofeo ao cole para que todos os que non estivemos

na carreira o poidesemos ver.
Noraboa Xabi!!!, segue así. Algún día esperamos verte nas Olimpiadas.
O noso campión relatounos como se desenvolveu o seu día na competición,

non perdades atención as súas palabras:


"O día 17 foi un día moi especial para min, porque era o Día das Letras, pero tamén porque era o día da Carreira Pedestre de Outes, na que participaba.
Ese día levanteime as nove da mañá, vextinme rápido e tamén almorcei rápido. Mentres íamos cara Outes meu pai dábame algún consello, como...corre tranquilo e non te preocupes que de seguro que quedarás ben.
Cando cheguei alí, vin como corrían os máis pitufos e logo fun a a quentar e estirei e estirei ...ata que todos nos colocamos na liña de saída. Pasados cinco minutos un home anunciou que nos tiñamos que colocar nos nosos postos e... PUM!!! oíuse o disparo.
A pesar da miña mala saída, fun adiantando ata que me coloquei quinto e nun pequeno sprint púxenme de segundo a quince metros da meta. Ía tranquilo pero no último momento apareceume o terceiro por detrás e adiantoume, así que finalicei terceiro.
Logo tomei un xelado e esperei a que me entregaran o premio, cando mo deron había moita xente sacando fotos, pero non me saíron as cores. Cando cheguei a casa a miña avoa deume dous grandes bicos e colocamos o meu trofeo no salón"


lunes, 31 de mayo de 2010